nova
María Barreiro e Rubén Lago, premios RAGC-UIE na categoría de Ciencias Sociais

A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa veñen de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores xoves concedendo o recoñecemento na categoría de Ciencias Sociais aos investigadores de ECOBAS María Barreiro Gen e Rubén Lado Sestayo.

Estes galardóns, concebidos para impulsar a investigación científica en Galicia, distinguen a contribución da investigación ao avance de tres ramas de coñecemento: Ciencias Básicas, Ciencias Sociais e Ciencias Técnicas. O seu obxectivo é visibilizar e contribuír a potenciar as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa carreira en centros da nosa comunidade. Cunha dotación de 5000 euros para cada un dos tres premios, os galardóns entregaranse nun acto que se celebrará o vindeiro 18 de xuño en Santiago, no Centro Obra Social ABANCA.
Máis info
evento
Seminario de Investigación: Raquel Sebastián Lago (UCM)

"Novas tecnoloxías e aumento da desigualdade salarial"

Vigo, 16 de xuño, 12:00 h (CET) Raquel Sebastián Lago é investigadora senior no Instituto Complutense de Análisis Económico (ICAE) da Universidad Complutense de Madrid (UCM). Para participar neste seminario, elixe a túa modalidade:
  • PRESENCIAL: Vigo Facultade de CC. Económicas e Empresariais da UVigo. Aula-seminario 6.
  • ONLINE: ECOBAS Academy (vía Teams). Imprescindible REXISTRO previo aquí.
    • Recibirás un email de confirmación cos datos de acceso.
    • Recomendamos realizar o rexistro alomenos con 15 minutos de antelación.
Máis info
evento
Defensa de tese: Marceliano Rodríguez (Universidade da Coruña)

"Redución do risco de sobreexplotación e creación de valor para a sostibilidade pesqueira. Enfoque teórico e evidencia empírica"

Dirección: Domingo Calvo Dopico e Estefanía Mourelle Espasandín Programa Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial

📅 Xoves, 11 de xuño, 2026  🕙 10.00 h (CET)

📍 Facultade de Economía e Empresa da UDC | Salón de Graos

 
Máis info
evento
EAERE Summer School 2026

Aplicacións recentes da IA na Economía Ambiental e dos Recursos Naturais

Lugar e data de celebración:📍Santiago de Compostela 📅 6 a 12 de xuño, 2026

A integración da intelixencia artificial (IA) na economía ambiental está a emerxer como un dos avances máis transformadores e prometedores para comprender e abordar os desafíos ecolóxicos do século XXI. Nun escenario global marcado polo cambio climático, a transición enerxética e a necesidade urxente dunha xestión sostible dos recursos naturais, as ferramentas baseadas en IA ofrecen novas capacidades para mellorar a precisión analítica, descubrir relacións causais complexas e deseñar políticas ambientais máis efectivas. Con este enfoque, o centro de investigación interuniversitario da Economía e a empresa, ECOBAS, organiza a EAERE Summer School 2026, iniciativa de ámbito europeo que vez primeira terá lugar en España como país anfitrión.
Máis info
nova
Bolsas ECOBAS de Inicio á Investigación 2026: publicada a listaxe de persoas con bolsa concedida
📢 PUBLICADA con data 10/06/26 a listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida A información completa desta convocatoria e toda a documentación relacionada están dispoñibles na sede electrónica da UVigo, na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1817

BOLSAS ECOBAS DE INICIO Á INVESTIGACIÓN 2025/2026

Co obxectivo de promover a incorporación de estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS, o centro de investigación interuniversitario convoca 6 bolsas de iniciación á investigación. 📥 Instrucións e bases da convocatoria de Bolsas ECOBAS de Inicio á Investigación 2026
Máis info
nova
Aberta a convocatoria de axudas de mobilidade 2026 para o persoal investigador

👟Deprazamentos realizados entre o 1 de marzo e o 30 de setembro de 2026

Con data 14 de abril de 2026 o centro de investigación interuniversitario ECOBAS publica Convocatoria 2026 de Apoio á mobilidade do persoal investigador de ECOBAS co obxectivo de co-financiar desprazamentos a destinos fóra de Galicia que non conten con outra fonte de financiamento e que se realicen ou que tivesen lugar entre o 1 de marzo de 2026 e o 30 de setembro de 2026, promocionando o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro e contribuindo ao impulso da súa proxección e prestixio científico.

📥 Bases da convocatoria 2026

✏️ Anexo I. Formulario de Solicitude.

✏️ Anexo II. Memoria da realización do desprazamento.

✏️Certificate of Attendance.

A presente convocatoria está financiada fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.
Máis info
nova
Convocatoria de axudas ECOBAS 2026 para a realización de actividades de I+D+i
Como unha oportunidade para promover e apoiar a realización de actividades de I+D+I que posibiliten por parte do persoal investigador de ECOBAS o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro, con data 25 de marzo de 2026 publícase a "Convocatoria 2026 de Axudas ECOBAS para a Realización de Actividades de I+D+I" en réxime de concorrencia competitiva.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: persoal investigador membro adscrito de ECOBAS
  • TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES FINANCIABLES:
    • Reunións científicas: Congresos, Workshops e Conferencias, Cursos, Mesas redondas, Charlas divulgativas.
    • Cursos de verán.

🗓️​ Prazo de solicitudes: aberto ata o 1 de setembro de 2026 ás 23:59 h

DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA

📥 Bases da convocatoria 2026

✏️ Anexo I. Formulario de Solicitude.

✏️ Anexo II. Declaración de axudas.

Máis info
nova
Axudas ECOBAS á presentación de propostas a convocatorias europeas 25/26
ECOBAS publica a convocatoria de axudas 2025: Apoio á preparación e presentación de propostas a convocatorias europeas a través de consultorías especializadas Con data de publicación 13 de Outubro 2025, esta convocatoria constitúe para o persoal adscrito a ECOBAS unha oportunidade para acadar apoio para a preparación e presentación de propostas a convocatorias europeas, particularmente en programas como Horizon Europe, European Research Council (ERC) grants, Marie Skłodowska-Curie Actions, LIFE, Cohesion Fund, Digital Europe Programme, Erasmus+, COST Actions, ERA-NET, Interreg, EIC ou outros de similares características, para o período 2025-2026. As axudas están dirixidas á contratación de servizos de consultoría especializada para o persoal adscrito a ECOBAS, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das liñas estratéxicas da súa Axenda Científica e contribuír ao impulso da proxección e do prestixio científico de ECOBAS como centro de investigación de referencia en ciencias sociais. As axudas poderán destinarse a servizos como:
  • Revisión e mellora de propostas.
  • Apoio na redacción técnica.
  • Asesoramento sobre o axuste da proposta á convocatoria europea correspondente.
  • Preparación de orzamentos e aspectos administrativos.
  • Busca de socios internacionais.
A presente convocatoria conta co financiamento de fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.
Máis info
Ecobas
en cifras
Indicadores 2022-2025
Publicacións
0
Acceso Aberto
0
Teses defendidas
0
Fondos captados
0'0 M€

PROGRAMACIÓN

EVENTOS

INVESTIGACIÓN

ECOBAS conta cunha axenda de investigación plenamente aliñada cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS), enfocada nos retos globais ós que ten que facer fronte a sociedade: o cambio climático, a desigualdade, as políticas económicas, a innovación, a saúde…

RELACIÓN COA CONTORNA

ECOBAS ten a misión de converterse nun motor de cambio a través da xeración de coñecemento de calidade, axudando a resolver os problemas e necesidades da sociedade, contando cunha nutrida traxectoria de traballo e colaboración cunha ampla variedade de axentes.

FORMACIÓN

O capital humano é un piar fundamental para calquera organización, e cobra máis importancia se cabe no eido da investigación e o desenvolvemento. Dende ECOBAS promovemos tanto cursos de posgrao (doutoramento e mestrado) coma outro tipo de actividades formativas de interese, destinadas á comunidade universitaria e á sociedade en xeral.